My Blog

5 junio 2010

PROCEDEMENTO DE A&C DE TEXTO HCO

Filed under: A&C de texto, General — dariogonzalezcorrea @ 9:31

Para comentar un texto histórico podemos seguir os seguintes pasos:

  1. INTRODUCIÓN.

1º.- Numera-las liñas do texto cara a facilita-las posibles alusións ao mesmo.

2º.- Realizar unha atenta lectura do documento. Suliña-los termos importantes, cara a unha rápida localización das referencias ao texto.

  1. CLASIFICACIÓN.

1º.- Histórico ou historiográfico segundo sexa de autor contemporáneo dos feitos que se contan ou dun historiador, respectivamente.

2º.- Público ou privado segundo vaia dirixido a un colectivo, universal ou restrinxido, ou a un particular, respectivamente.

3º.- Pola súa temática e morfoloxía distínguense os seguintes tipos:

  • Xurídico (Constitución, tratados, leis, decretos, etc.)
  • Político (Discurso, manifesto, memorial ou informe político, etc.)
  • Testimonial (Memoria, relato de viaxe, interpretación de feitos vividos)
  • Narrativo (Crónica, relato no contemporáneo de tema histórico, etc.)
  • Documental (Censo, catastro, enquisa, etc.)
  • Económico (Contratos, leis e tratados de temática económica, etc.)

4º.- Autor: Tratándose dun personaxe coñecido, facer unha breve reseña biográfica (vbgr., dende Wiki).

5º.- Coordenadas espaciais (considerar distintas escalas) e temporais (obviar datas absolutas a prol de referencias historiográficas de especial relevancia).

6º.- Ideal principal (De inicio pode servir o titular ou encabezamento que preside o documento. Trala análise sistemática procurar un epígrafe máis persoal.

  1. ANÁLISE.

1º.- Extrae-las ideas esenciais e explicar causas, consecuencias e relación con outros feitos.

2º.- Identica-los personaxes, lugares e termos historiográficos do documento.

  1. COMENTARIO.

Unha vez confirmado o potencial significativo do titular elexido, temática ou tipo do documento e o marco espacio-temporal procédese ao desenvolvemento temático da información máis coherente.

  1. CONCLUSIÓN: CRÍTICA OU VALORACIÓN. 

1º.- Recoñece-la importancia histórica ou historiográfica do texto.

2º.- Abri-lo texto a procesos históricos que poidan contribuir a súa comprensión.

Anuncios

Evaristo Pérez de Castro.

Filed under: Ficha biográfica de personaxes históricos, General — dariogonzalezcorrea @ 9:28
FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS.NOME DO ACTOR.- Evaristo Pérez de Castro.
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA.Fontes bibliográficas e recursos web.-Wikipedia. IDENTIDADE.- Foi un político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nacido en Valladolid en 1778 e falecido en Madrid en 1848.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.-
CURRICULUM PROFESIONAL.-  Foi deputado nas Cortes de Cádiz, onde tivo un papel activo ao reclamar a soberanía nacional para as mesmas trala invasión napoleónica. Foi enviado como extraordinario en Lisboa en 1809-10, e a xunta de goberno comisionouno para ir a Bayona a entrevistarse con Fernando VII, cautivo de Bonaparte. Foi deputado a Cortes en 1814, e entre 1817 e 1820 ministro de España nas cidades hanseáticas. Como Ministro de Graza e Xustiza durante o Trienio Liberal decretou a amnistía do 23 de abril de 1820, que permitiu o regreso a España dos afrancesados. Trala década ominosa e o falecemento do rei, volveu á diplomacia.Coa promulgación da Constitución de 1837 evoluiu cara a posturas moderadas. En momentos particularmente turbulentos, a raíña rexente María Cristina chamouno para encomendarlle a presidencia do Consello de Ministros, , á fronte dun gabinete que combinaba moderados e progresistas.Estivo un ano e medio á fronte do goberno.  Baixo o seu mandato, Baldomero Espartero firmou no seu nome e no da rexente o Convenio de Oñate, que puxo fin á Primeira Guerra Carlista.O goberno de Pérez de Castro promulgou unha lei electoral que creaba pequenos distritos. A aprobación desta lei dividiu a sociedade política da época e terminou coa renuncia da rexente María Cristina, por non avirse a negar a súa sanción da lei. Con Espartero encumiado como rexente, Pérez de Castro emigrou a Francia e non regresou até a súa caída en 1843.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Moderado.

Juan Prim y Prats

Filed under: Ficha biográfica de personaxes históricos, General — dariogonzalezcorrea @ 9:27
FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS

NOME DO ACTOR.- Juan Prim y Prats

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
https://i2.wp.com/s.libertaddigital.com/fotos/noticias/sugeneralprim.jpg 

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

Wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un militar e político español, foi Presidente do Consello de Ministros de España dende 1869.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Reus o 16 de decembro de 1814 e finado o 30 de decembro de 1870.
ORIXE FAMILIAR.- Fillo do notario de Reus, Pau Prim, que fora tenente coronel no exército.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Tivo como mestre na escola e Alejandro García. Aos 19 anos alistouse nos “Tiradores de Isabel II” .
CURRICULUM PROFESIONAL.- Gañou fama durante a primiera Guerra Carlista. Finalizada, foi elixido deputado progresista por Tarragona (1841). Xunto a Baldomero Espartero levantouse en armas en 1843. Foi gobernador militar de Barcelona e mais adiante capitán xeral de Puerto Rico (1847-1848). Reincorporado ao parlamento foi defensor do proteccionismo á industria catalana. Capitán xeneral de Granada durante o Bienio Progresista (1855-1856). Próximo á Unión Liberal, en 1856 chegou a tenente xeral e foi nombrado senador. 

Na guerra de Marrocos (1859-1860) tomou parte nas batallas de Castillejos e Tetuán, que lle deron o título de grande de España e o marquesado de Castillejos.

No ano 1861 encabezou aa participación española da expedición europea a México. En 1862 deixa a Unión Liberal para entrar no Partido Progresista. Foi desterrado a Oviedo (1864) e rompeu con Ramón María Narváez e con Leopoldo O’Donnell dedicándose a conspirar. Alentou o Pacto de Ostende (1866) intentando derrocar á raíña Isabel II.

O19 de setembro de 1868, despois de proclamar o manifesto España con honra apoiado por Práxedes Mateo Sagasta e Manuel Ruiz Zorrilla, coa axuda de Francisco Serrano Bedoya e Juan Bautista Topete, desembarcou en Cádiz. Unha parte do Exército dirixiuse a Madrid e Prim conseguiu as adhesiones de cidades de Andalucía, Cataluña e Levante. Formando goberno provisional, presidido por Francisco Serrano, encargulle o Ministerio de Guerra.

En xuño de 1869 asumiu a presidencia do goberno, sin abandoar o Ministerio. Presentou a candidatura de Amadeo de Saboia, que as Cortes aceptaron (novembro de 1870).

IDEOLOXÍA.-

Antonio de lo Rios Rosas

Filed under: Ficha biográfica de personaxes históricos, General — dariogonzalezcorrea @ 9:27
FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS.

NOME DO ACTOR.- Antonio de lo Rios Rosas

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA. Fontes bibliográficas e recursos web.-Wikipedia. IDENTIDADE.-  Foi un xurista e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu Ronda, o 16 de marzo de 1812 e faleceu en Madrid, o 3 de novembro de 1873.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Era licenciado en Dereito pola Universidade de Granada.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Accedeu por vez primeira ás Cortes Xenerais como Deputado pola provincia de Málaga en 1836. En 1837, foi nomeado membro do Consello Real. Coa chegada de Leopoldo O’Donnell ao poder nos gobernos da Unión Liberal, sencargouselle a redacción do Acta Adicional para facer máis liberal a restaurada Constitución de 1845 e foi nomeado Ministro de Gobernación en 1856. En 1852 ingresa na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación. Posteriormente fue embaxador de España en Roma onde puxo o vigor o Concordato de 1851. En 1863 es elexido Presidente do Congreso dos Diputados nos momentos máis críticos da Unión Liberal, ingresando na Real Academia Española e sendo elexido Presidente do Ateneo de Madrid. Durante o Sexenio Democrático fòi elexido membro do Consello do Estado.
IDEOLOXÍA.-

Nicolás María Rivero

Filed under: Ficha biográfica de personaxes históricos, General — dariogonzalezcorrea @ 9:23
FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  

NOME DO ACTOR.- Nicolás María Rivero

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA 

 

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.-  Foi un político demócrata español
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Morón da Fronteira en 1814 e faleceu en Madrid en 1878.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Licenciouse en mediciña e dereito.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Foi o primeiro alcalde de Madrid pertenecente ó Partido Democrático. Foi deputado en varias ocasións e colaborou na fundación do Partido Democrático en 1849, do que fue nomeado xefe. Interviu nas Cortes Constituíentes de 1855. Rivero resultou elexido e foi o único representante da democracia no Congreso de 1858 a xaneiro de 1863. Dirixiu La Discusión hata 1864.Figurou na preparación da Revolución de 1868. Foi alcalde de Madrid (1868 – 1870) e presidente das Cortes Constituíntes de 1869 que elaboraron a Constitución. En 1870 ocupou o Ministerio da Gobernación. Presidente do Congreso durante o reinado de Amadeo I.
IDEOLOXÍA.- Pertenceu ó partido democrático.
PRODUCCION LITERARIA.-

Baldomero Fernández Espartero

Filed under: Ficha biográfica de personaxes históricos, General — dariogonzalezcorrea @ 9:22
FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  NOME DO ACTOR.- Baldomero Fernández Espartero
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA Fontes bibliográficase

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Conde de Luchana, Duque de la Victoria, Duque de Morella, Vizconde de Bandras e Príncipe de Bergara foi un militar e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Cidade Real o 27 de febreiro de 1793 e finado en Logroño o 8 de xaneiro de 1879.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Seu pai levarao por unha formación cun destino eclesiástico , pero a Guerra da Independencia arrastrouno dende moi pequeno á batalla.
CURRICULUM PROFESIONAL.-  Convatiente en tres dos catro conflitos máis importantes da España do sécul XIX, foi soldado na guerra contra a invasión do francés, oficial durante a guerra colonial en Perú e Xeneral en Xefe na Guerra Civil. Viviu en Cádiz o nacemento do liberalismo español, camiño que non deixaría endexamáis. Home extremadamente duro no trato, valoraba a lealdade dos seus compañeiros de armas, tanto como a eficacia. Combatiu en primeira liña, foi ferido en oito ocasións e o seu caracter altivo e esixente levouno a cometer excesos, en ocasións moi sangrentos, na disciplina militar. Convencido de que o seu destino era gobernar aos españois, foi por dúas veces Presidente do Consello de Ministros e chegou a Xefatura do Estado como rexente durante a Minoría de Idade da Raíña Isabel II. Foi o único militar español con tratamento de Alteza Real e, a pesares de todas as súas contradicións, soupo pasar desapercibido os últimos 28 anos. Rexeitou a Coroa de España e foi tratado como unha lenda dende moi novo.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Progresista.
PRODUCCION LITERARIA.-

Manuel Alonso Martínez

Filed under: Ficha biográfica de personaxes históricos, General — dariogonzalezcorrea @ 9:21

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  

NOME DO ACTOR.- Manuel Alonso Martínez

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA 

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un xurista e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Burgos o 1 de xaneiro de 1827 e faleceu en Madrid o 13 de enero de 1891.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Cursa os estudos de Dereito e Filosofía e Letras en Madrid.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Exerce como abogado na súa cidade natal hasta que durante o Bienio Progresista é elixido Deputado pola provincia de Burgos. De 1855 a 1856 é nomeado Ministro de Fomento baixo o goberno de Baldomero Espartero.Coa creación da Unión Liberal de Leopoldo O’Donnell unese ao mesmo en 1857 sendo Gobernador Civil de Madrid. De 1865 a 1866 é Ministro de Facenda durante a decadencia dos gobernos liberais e antes do Sexenio Democrático.Apartado da vida política, en 1869 é elixido Presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e adica o seu tempo á labor como xurista e escritor. En 1875 é nomeado Presidente da Comisión que haberá de redactar o proxecto de Constitución de 1876 trala Restauración borbónica na persona de Alfonso XII, ao tempo que prosigue os seus traballos xurídicos participando activamente na codificación do Dereito Civil. O Código Civil Español é considerado como un dos seus logros máis importantes. 

En 1881 é nomeado Ministro de Graza e Xustiza baixo a Presidencia de Práxedes Mateo Sagasta. En 1890 é, finalmente, elexido Presidente do Congreso dos Deputados.

Alonso Martínez gozou da confianza de Isabel II, de Alfonso XII e da Reina Rexente María Cristina de Habsburgo.

IDEOLOXÍA.- Aínda que pertencente ao movemento liberal, Alonso Martínez destaca por conviccións máis propias do Antigo Réxime. Convencido de que levar ao extremo as liberdades individuais dos homes podía levar a situacións caóticas, cría na sociedade organizada xerárquicamente. Así mantiña o discurso aristotélico e enfrentábase, no só a calquera teoría socialista, senon ao pensamiento krausista igualmente.
PRODUCCION LITERARIA.-

II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ

Filed under: General, Test — dariogonzalezcorrea @ 9:17

1.- Unha das teses historiográficas sobre o fin da orde internacional xurdida da Iª GM e en consecuencia sobre as orixes da 2ª GM, responsabiliza ao expansionismo dos Estados totalitarios (III Reich). No que respecta a Europa, fálase dunha escalada das tensións motivada polo revisionismo do Tratado de Versalles (1919) que culminaría nos Acordos de Múnich das potencias europeas (1938), co resultado: 1) da anexión dos Sudetes; 2) da mutilación dun Estado democrático soberano como Checoslovaquia; 3) as dous son correctas.

 

 

 

2.- A ocupación de Checoslovaquia (antiguos territorios do Imperio Austro-húngaro) polo exército alemán ao ano seguinte do Ancluss (amexión de Austria) e as alianzas defensivas entre Francia e Polonia (outro Estado novo xurdido da Conferencia de París) e de Francia con Gran Bretaña, porán fin as estratexias diplomáticas destes últimos, supostamente inspiradas nun espíritu pacifista sen concurso da SdN, que pasan a Historia como políticas: 1) de apalancamento; 2) de apazugamento; 3) de pasteleo.

 

 

3.- Outra das viraxes diplomáticas que abriron o camiño cara a guerra foi o pacto xermano-soviético coñecido como o Protocolo secreto Ribbentrop-Molotov (1939) que cuestionaba o mapa politico xurdido da 1ª GM (cfr., discontinuidade territorial da antiga Prusia e o colchón sanitario fronte á Rusia soviética) con acordos sobre un reparto:1) de Polonia 2) dos países bálticos; 3) as dous son correctas.

 

 

4.- A invasión alemana de Polonia en septembro de 1939 foi o prólogo da 2ª GM. A fiabilidade internacional das potencias europeas occidentais, comprometidas polas súas recentes alianzas con Polonia, pesaron máis que o poder disuasorio do Pacto xermano-soviético. O casus belli nesta ocasión foi a reinvindicación territorial alemana :1) do corredor litoral de Danzig; 2) da rexión montañosa de Gdansk; 3) nengunha das dous é correcta.

 

 

5.- No desenvolvemento da guerra pódese distinguir unha fase inicial (1939-41) de dominio alemán que se identifica co “blitzkrieg” ou guerra relampo, táctica militar necesariamente selectiva, que sucesivamente padeceron, xunto ós países neutrais, Polonia e Francia. Precisamente a actitude militar pasiva de Francia e Inglaterra ata que lles tocou o turno é coñecida como:1) a cabalgata das walkirias; 2) a política do avestruz 3) a guerra tonta.

 

 

6.- Os éxitos bélicos de Alemaña (batalla de Dunkerque e ocupación de París, xuño de 1940) provocaron o aillamento de Gran Bretaña, a incorporación ao conflicto de Italia e a formación dun estado francés colaboracionista, coñecido como: 1) o Goberno Vichy; 2) a Francia de Pétain; 3) as dous son correctas.

 

 

 

7.- Derrotada Francia e frustrada a invasión do territorio británico (batalla aérea de Inglaterra), as iniciativas bélicas alemanas voltáronse de novo cara o leste (primeiro nos Balkáns e finalmente contra a URSS) e tamén extendéronse ó Norde de África. Entre as motivacións destas decisións militares están :1 ) o control da canle de Suez e a necesidade de materias primas; 2) compromisos adquiridos entre sí polas potencias do Eixo; 3) impresionar a Gran Bretaña e forzala ó armisticio.

 

 

8.- En decembro de 1941 un goberno xaponés crecentemente militarista que apostaba por un imperialismo excluínte no continente asiático (Declaración Amau, 1933) atacou por sorpresa a flota norteamericana en Perl Harbour (Hawai), conscente de que só os EEUU tiñan capacidade e vontade de impedilo (Cfr., Conferencia de Washington, 1921). Os planos militares xaponeses estiveron precedidos dunha alianza con Italia e Alemaña (1940) coñecida como:1) o Pacto de Aceiro ; 2) a Unión Patriótica; 3) o Triángulo Berlín-Roma-Tokio.

 

 

9.- As victorias aliadas en 1942 (O Alamein, Stalingrado) sinalan o devalo das potencias do Eixo, sen embargo, a contenda prolongaríase nunha guerra de desgaste que a prol do maior potencial demográfico e industrial só culminaría na primavera de 1945 coa caída de Berlín, tomada:1) polos occidentais; 2) polos soviéticos; 3) simultaneamente, por acordo previo.

 

 

10.- Tamén o ano de 1942 resultou decisivo para a guerra no Pacífico (victoria USA en Midway), na medida en que permitiu reconquistar os territorios ocupados polos xaponeses, sen embargo, a solución definitiva fíxose esperar polo endurecemento das resistencias unha vez alcanzado o territorio nipón. A petición da paz viu forzada polas explosións atómicas en Hiroshima e Nagasaki decididas polo Presidente norteamericano: 1) Roosevelt; 2) Truman; 3 )MacArthur.

 

 

11.- As consecuencias da guerra póñense de manifesto con reparar tanto na extensión do conflicto a tódolos continentes e no baldimento de recursos materiais e humanos (estes últimos calcúlanse en 60 millóns) como na súa crueldade (bombardeos indiscriminados, deportacións masivas e o xenocidio xudío). Na recuperación de Europa o protagonismo norteamericano púxose de manifesto a través: 1) da concesión de créditos ; 2 ) do chamado Plano Marshall; 3) as dous son correctas.

 

 

12.- Trala fin da guerra fíxose evidente o declive político, económico e moral de Europa non só a nivel mundial (procesos de descolonización), senón tamén no propio continente (formación do “telón de aceiro” ou repartición de Europa en áreas de influencia polas superpotencias USA e URSS). Aínda así, o mapa político europeo non experimentaría cambios tan radicais como na Conferencia de París. En 1945, a nova orde internacional foi deseñado nas Conferencias de: 1) Ialta e Postdam; 2) San Francisco e Terranova; 3) Londres e Moscova.

 

 

13.- Xa durante o transcurso da guerra viuse a necesidade de recuperar o espíritu da SdN. O proxecto culminaría coa redacción da Carta das Nacións Unidas en xuño de 1945 e entre os seus obxetivos merece salientar a paz e a seguridade internacional, o respecto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais e a cooperación económica e social. Unha das razóns da súa maior eficacia respecto da SdN non é outra que contar:1) cunha forza militar de intermediación; 2) con soldados dos PPMM baixo bandeira da ONU; 3) as dous son correctas.

 

 

14.- Na estructura orgánica das UN, xunto ós órgaos de decisión e de debate (Secretario, Asemblea e Consello de Seguridade con sede en Nova YorK) e do Tribunal da Haia, existen unha serie de comisións, axencias e organismos especializados como:1) a Unesco e a Unicef; 2) a FAO e a OMS;3) as dous son correctas.

 

 

15.- Un dos primeiros problemas cos que tivo que enfrontarse a ONU foi a creación do Estado de Israel. No Plano de partición das UN (1947), xunto á delimitación das zonas xudea e árabe e á localización dos asentamentos duns e outros nos territorios alleos, recoñécese: 1) o principio de igualdade na extensión das zonas e no número dos asentamentos; 2) o principio de igualdade na continuidade territorial; 3) o estatuto de Xerusalen como cidade internacional.

 

 

16.- Ó remata-la 2ª GM só hai duas superpotencias (USA e URSS), que ademais o son a escala mundial. A súa influencia territorial é consecuencia da súa gran capacidade demográfica e industrial como sen dúbida tamén:1) do seu monopolio nuclear; 2) da súa complementariedade ideolóxica; 3) das súas historias nacionais paralelas.

 

 

17.- Os primeiros desacordos entre as superpotencias maniféstanse en 1947 (Alemaña, Grecia, e Turkía) e reflicten a contradicción de intereses entre potencias con cosmovisións políticas e económicas radicalmente dispares. O chamado bloque occidental identifícase con: 1) a Doutrina Truman e o Plano Marshall; 2) OTAN ou NATO; 3) as dous son correctas.

 

 

18.- O bloque comunista, nun exercicio de reacción simétrica ao bloque liberal capitalista, caracterízase institucionalmente pola creación da Kominform, do Comecon e do: 1) Exército bermello; 2) Pacto de Varsovia; 3) nengunha das dous é correcta.

 

 

19.- O Plano Marshall (1948-52), axuda económica americana para a reconstrucción postbélica de Europa, mais tamén cunha dimensión política (dete-la extensión do comunismo favorecida pola explosiva situación social derivada das penalidades da guerra) foi aceptado por 16 países que constituiron a OECE. Os principais beneficiarios foron en termos absolutos:1) Inglaterra e Francia; 2) Italia e Polonia; 3) os países do BENELUX.

 

 

20.- A Alemaña vencida dividiuse en 4 zonas de ocupación militar (soviética, francesa, británica e norteamericana). A capital Berlín ,que estaba na zona soviética dividiuse a súa vez en 4 sectores. O bloqueo de Berlín por parte da URSS respostaba ás diferencias dos aliados na interpretación dos acordos de Ialta respecto da futurible reunificación de Alemaña. A crise, sobre non lograr o abandono occidental da cidade de Berlín, rematou co nacemento de dous estados alemáns, a RFA e a : 1) República Socialista ; 2) República Democrática; 3) Republica soviética.

AVISO A NAVEGANTES: AVALIACIÓN FINAL

Filed under: Contenido do examen, General — dariogonzalezcorrea @ 9:12

4º CURSO DE ESO: GRUPOS A e B

EXAME DA 3ª AVALIACIÓN. EXERCICIOS DE TEST E DE COMPOSICION DE TEXTO (PARTE IMPERATIVA: Valor 80% da puntuación final)

4º ESO A: Mércores, 9. Duración: 50 minutos (20 + 30)

4º ESO B: Luns, 7. Duración: 50 minutos (20 + 30)

PROBA DE TEST: HISTORIA DO S. XX. Valor: 4 puntos

EUROPA NA 2ª METADE DO XIX: O IMPERIALISMO

A GRANDE GUERRA E ACRISE DO ESTADO LIBERAL

ESPAÑA NAS PRIMEIRAS DÉCADAS DO S. XX

A II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ

O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S.XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN

ESPAÑA NO S.XX: DITADURA DE FRANCO E MONARQUÍA DEMOCRÁTICA

COMPOSICIÓN DE TEXTO: GUERRA FRÍA E COEXISTENCIA PACÍFICA.Valor: 6 puntos

A PARTIR DA FOTOCOPIA DE AULA BIPOLARIZACIÓN DAS SUPERPOTENCIAS (VER LANTERNA MÁXICA DE CLIO, “TELÉFONO ROJO, VOLAMOS HACIA MOSCÚ” E DOS TESTSA II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ” e “O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S.XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN”.

ACTIVIDADES DE PROACCIÓN (PARTE OPTATIVA:Valor 20% da puntuación final)

PRESENTACIÓNS POWER POINT (TEMÁTICA ARQUITECTURA): ”ARQUITECTURA RACIONALISTA, LE CORBUSIER E MIES VAN DER ROHE” E “FITOS ARQUITECTÓNICOS NO CONCELLO DE VIGO”.

PROCURA DE RECURSOS WEB A PARTIR DOS ENUNCIADOS DAS ENQUISAS-TEST

ELABORACIÓN DE FICHAS BIOGRÁFICAS DE PERSOEIROS EGREXIOS DA HISTORIA DE ESPAÑA DO S. XX (Tomar como referencia o rueiro de VIGO)

ELABORACIÓN DE FICHAS TÉCNICO-ARTÍSTICAS DE CINE DE HISTORIA

REALIZACIÓN DOS CUESTIONARIOS DO MATERIAL DE APOIO ÁS PROXECCIÓNS DOS DOCUMENTAIS “HISTORIA DO S. XX DA B.B.C.

Recomendación para o comentario de texto de Xuño

Filed under: Contenido do examen, General — dariogonzalezcorrea @ 9:11

Na fotocopia entregada en aula a última semana figuran dous textos, un do presidente USA TRUMAN e outro do ideólogo soviético Jdanov (ruso  Zhdanov; ver wikipedia). Na proba do 7 de xuño ( 9 de xuño para 4º A) caerá un déles.  É igual o que caia; por canto,  pódese falar dos dous ao tempo (primeiro falamos en sentido positivo – do texto en cuestión- e logo en sentido negativo -indicando as diferencias ou correspondencias do texto inédito).

Na práctica o exercicio prepárase respostando ao cuestionario das “ACTIVIDADES HISTORIOGRÁFICAS”, para as que é suficiente la información do “EL CONTEXTO DE LA ÉPOCA”. Como suplemento de información pódese utilizar os encabezamentos das enquisas-test (ver selección dos item en negra).

Coas vosas respostas elaborades un comentario en casa que transfiredes literalmente de memoria ao apartado específico da planta/plantilla que xa coñecedes (“xacintario”, categoría: planta de A&C)

Nesa categoría de referencia “PLANTA DE A&C” a parte da planta encontraredes un modelo de técnica de A&C, “PROCEDEMENTO DE A&C DE TEXTO HCO”.

NOTA:

Na proba anexo ao texto hco proposto adaptarei esa plantilla xa coñecida de A&C (só a amplitude dos espazos) para que economizar o tempo de realización do exercicio.

Por último, un consello: O curso rematou; xa que logo ser prácticos. Non se trata de saber máis, senón de consolidar o que se fixo durante o curso. Xa sabemos que podería ser moito máis.

Older Posts »

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.