My Blog

28 enero 2010

Resumo da España Liberal

Filed under: General, Resumos de test — dariogonzalezcorrea @ 15:49

 

A FIN DO ANTIGO REXIME.

O reinado de Carlos IV.

Durante o reinado de Carlos IV e trala paz coa Francia revolucionaria renovouse a tradicional alianza franco española dos Borbóns coñecida historiograficamente como Pactos de familia. A política exterior española de sometemento aos intereses de Napoleón (belixerancia con Gran Bretaña e os seus aliados) foi causa da ruina da flota de guerra (Trafalgar, 1805) e do malestar pola política do Goberno, personificado en Godoy.  O Motín de Aranxúez (1808) e abdicación de Carlos IV en pro de Fernando VII foron así a ocasión aproveitada por Napoleón para invadir o territorio español e poñer no trono ao seu irmán como Xosé I; sen embargo, tal intervencion dos Bonaparte impedirano, asumindo revolucionariamente a soberanía nacional cun levantamento armado, os que sendo súbditos pasaron a ser patriotas.

A guerra de Independencia e as Cortes de Cádiz

A transcendencia da batalla de Bailén (1808) foi meramente simbólica e propagandística, como determinante para o seu desenlace o apoio do exército inglés e dos portugueses. Paralelamente á desaparición tralas campañas de 1809 e 1810 do exército regular español, que deu lugar a aparición da guerrilla, a ofensiva de Napoleón obrigou a disolver a Xunta Suprerma Central que coordinaba as Xuntas locais de defensa en pro dun Consello de Rexencia, que antes de facelo o propio convocou Cortes constituintes, inaguradas en 1910 na cidade de Cádiz. Entre a súa producción lexislativa salienta a abolición do Antigo Réxime, é dicir, a supresión: da servidume e das corporacións gremiais. Será, sen embargo, a Constitución liberal de 1812, a Constitución da Pepa, a culminación da obra lexisladora das Cortes de Cádiz, cuxo carácter liberal é polo tanto anti-absolutista manifestase no recoñecemento dos principios da soberanía nacional e da separación de poderes.

 

O REINADO DE FERNANDO VII.

A restauración do absolutismo e o Trienio Liberal (1813-23).A década Ominosa (1823-33)

O regreso de Fernando VII, ”O Desexado” o foi tamén da restauración do absolutismo, inicialmente sen resistencias; sen embargo, a incapacidade das antigas institucións na solución dos problemas favorecerá os pronunciamentos militares (cfr., Juan Díaz Porlier, Lacy, etc.) que se suceden ao largo do Sexenio absolutista ata o triunfo de Riego en 1820, inagurando deste xeito un Trienio liberal.

 Durante a denominada “Década Ominosa” (1823-1833) Fernando VII, que non tiña unha opinión antiliberal definida fora do rexeitamento do anticlericalismo, atopou sectarismos no campo absolutista, aglutinados arredor do seu irmán Carlos Isidro. Nestas tensións, de novo, na Casa real española e para asegura-la Coroa a súa filla Fernando VII aboliu a Lei Sálica coa aprobación da Pragmática Sanción.

Durante o reinado de Fernando VII consumouse a Independencias das colonias españolas. As causas da emancipación de América son diversas: a difusión do pensamento ilustrado, a independencia das colonias inglesas, o ideal dunha independencia económica, e a escaseza das tropas españolas no territorio americano (cfr., pronunciamento de Riego). A rebelión tivo dous focos principais de gran peso crioulo os virreinatos de Río da Prata e de Nova Granada.

 

O REINADO DE ISABEL II.

Moderados e progresistas.

Baixo a rexencia da súa nai Mª Cristina, Isabel II subiu ao trono en 1833, co apoio dos moderados, burgueses e nobles contrarios á participación política das clases populares. A alianza da Coroa cos moderados reflectiuse no Estatuto Real de 1834 (prerrogativas reais e sufraxio moi restrinxido), lei fundamental do Estado con rango de Carta Outorgada. Pola súa parte, os progresistas eran liberais partidarios da modernización social e económica en canto representaban aos sectores urbanos. En 1835 chegou ao poder Mendizábal, quen puxo en marcha unha desamortización (expropiación e poxa de bens eclesiásticos das ordes regulares) que completarían 20 anos despois Espartero e Madoz. O éxito destas intervencións políticas foi parcial; entre os seus obxetivos estaba salda-las débedas da Coroa (cfr., guerra carlista) e investir na modernización do país, mais tamén reduci-lo poder da Igrexa e crear unha clientela política liberal no rural.

Os moderados no poder.

Coa maioría de idade de Isabel II (1843-1868) o liberalismo moderado afianzouse gracias á Constitución de 1845 (prerrogativas reais e sufraxio censitario). Xunto ao grupo social hexemónico da burguesía, o máis numeroso seguiu a ser o campesiñado.

 

O SEXENIO REVOLUCIONARIO.

A Revolución Gloriosa .A Monarquía de Amadeo I. A Primeira República.

Cara a 1860 o sistema político moderado non era capaz de soluciona-los problemas da sociedade española. Xunto ao liberalismo progresista, apareceron novas ideas arredor do sufraxio universal. Seguindo a tradición intervencionista na política, o exército (Serrano, Prim) iniciou un levantamento que forzou a Isabel II ao exilio coñecido como a Revolución Gloriosa e Septembrina. Ainda que os sublevados de 1868 o eran de distintas tendencias políticas só os progresistas formaron parte do Goberno provisional que convocou Cortes constituintes. A Constitución de 1869 (sufraxio universal masculino e responsabilidade dos ministros ante as Cortes) adoptaba a forma monárquica e como nova dinastía optouse pola Casa Savoia. A Monarquía de Amadeo I de Savoia tivo que lidiar cunha nova guerra carlista, coa emancipación de Cuba e cos enfrontamentos partidarios; neste contexto, incapaz de tomar partido, respecto da primacía do poder civil sobre o militar, abdicou en 1873. Paradóxicamente, unhas Cortes (con pouca representación republicana) proclamará en sesión extraordinaria a República, que tivo entre os seus Presidentes a: Figueras e Pi i Margall, a Salmerón e a Castelar.

O republicanismo herdaba dos liberais progresistas e demócratas a modernización socioeconómica, do socialismo a preocupación social e do anarquismo a liberdade do individuo fronte ao Estado. Dentro do campo republicano, federalistas defendían o goberno autónomo dos territorios e a libre vontade de federarse para formar o Estado. Foi a I República unha experiencia con vixencia dun ano e que remataría cun golpe de Estado (Xeneral Pavía).

A RESTAURACIÓN.

A estabilidade política e o desenvolvemento dos nacionalismos.

A Restauración (borbónica) iniciouse en 1874 coa sublevación en Sagunto de Martínez Campos, quen proclamou a Alfonso XII como rei. O sistema político ideado por Antonio Cánovas fundamentouse na Constitución de 1876 (soberanía compartida rei e Cortes). A novidade dunha alternativa pacífica no goberno estaba garantida polo bipartidismo conservador /liberal. Xunto a Cánovas salienta o liderazgo de Sagasta. Consolidado, deste xeito, o novo rexime, entre a morte de Alfonso XII e a maioría de idade de Alfonso XIII a raiña Mª Cristina Habsburgo exerceu (1885-1902) unha rexencia reformista; así, a reforma electoral incluírá o sufraxio universal masculino, malia o temor a que as reformas derivaran en revolución por mor do malestar social crecente e expreso polos intelectuais rexeneracionistas como Joaquín Costa. Namentras, o nacionalismo en Cataluña e no País Vasco na procura da súa identidade cultural e lingüística apoiouse nunha burguesía que reinvindicaba políticas proteccionistas para a súa industria; utras rexións con desenvolvemento nacionalista foron Galicia e Valencia

En canto á política exterior, a guerra de Cuba incentivada polos EEUU (liberdade de comercio para os productos coloniais) amosou desde 1895 que España vivía nunha profunda crise. Coa entrada na guerra de Norteamérica (afundimento do Maine) en 1898, España terminará por recoñecer (Paz de París) a independencia de Cuba e Filipinas, así como a tutela norteamericana de Puerto Rico

About these ads

Dejar un comentario »

Aún no hay comentarios.

RSS feed para los comentarios de esta entrada. TrackBack URI

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

El tema Silver is the New Black. Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

%d personas les gusta esto: